Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Renovado o convenio de colaboración entre o Concello e Cáritas para o mantemento do Centro de Día de Berdillo

Martes 5 de outubro do 2021

A sinatura realizouse hoxe na Alcaldía

A sinatura realizouse hoxe na Alcaldía

. O alcalde de Carballo asinou hoxe un convenio de colaboración entre o Concello e Cáritas Parroquial de Bergantiños para o mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños, situado en Berdillo. Ademais de Evencio Ferrero tamén asistiu a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, en representación do Concello de Carballo, mentres que por parte da entidade social estiveron o director de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, Francisco Suárez, e o párroco de Carballo, José García Gondar.

O Concello de Carballo colaborará no sostemento do centro de día cunha achega de 15.000 euros, que Cáritas poderá complementar, se é o caso, con outras subvencións. A cambio, Cáritas comprométese a desenvolver a actividade conforme á normativa vixente e, entre outras medidas, a facilitar o acceso ao servizo de persoas propostas polos Servizos Sociais municipais.

Compartir: