Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

A Concellaría de Igualdade abre do 15 de xullo ao 9 de agosto o prazo de matrícula para o Programa Concilia

No curso 2021-2022 haberá 120 prazas do CEIP Fogar, 70 no CEIP Bergantiños e 30 no CEIP Gándara-Sofán

Mércores 14 de xullo do 2021

A Concellaría de Igualdade abre do 15 de xullo ao 9 de agosto o prazo de matrícula no programa Concilia, que ofrece ás familias a posibilidade de deixar aos nenos e nenas nos colexios participantes a partir das 07:00 horas, facilitando deste xeito a conciliación familiar e laboral. Este ano, debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, mantemos o protocolo de prevención activado e, aínda que as prazas seguen a ser limitadas, aumentan con respecto ao curso pasado. Deste xeito, no curso 2021-22 haberá 120 prazas no CEIP Fogar (70 con almorzo e 50 sen el), 70 no CEIP Bergantiños (40 con almorzo e 30 sen el) e 30 no CEIP Gándara-Sofán (20 con almorzo e 10 sen el). Ao igual que o curso pasado, por razón sanitarias non existirá a opción de utilizar o servizo en días soltos.

As familias interesadas deben cumprimentar a folla de inscrición, que pode recollerse no edificio de Servizos Sociais ou descargarse ao final desta nova, e presentala no prazo establecido en calquera dos rexistros municipais ou telematicamente a través da sede electrónica do Concello de Carballo. A adxudicación provisional de prazas realizarase por orde de puntuación e farase pública na páxina web www.carballo.gal o 13 de agosto. O 27 dese mesmo mes publicarase a listaxe definitiva.

A documentación precisa, as normas de funcionamento e demais información de interese para as familias pode descargarse máis abaixo.

Ademais de abrir o prazo para o curso escolar, tamén ofrecemos ás familias a posibilidade de desfrutar do servizo a partir do 1 de setembro ata a o día de inicio do curso escolar. Neste caso o servizo desenvolverase no Centro de Ocio Bonecos, situado no lugar de Mirón, nº24, de Bértoa. Dado que o número de prazas está limitado a 30, a adxudicación realizarase por orde de puntuación. As familias interesadas deben presentar a solicitude antes do 13 de agosto.

Para calquera aclaración podedes acudir ao departamento de Servizos Sociais ou chamar aos teléfonos 981700688 e 981704706.

Descargas

Compartir: