UDIAF - Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar
- [Edificio do antigo Ambulatorio] Avda. do Ambulatorio, nº 39. 15100 - Carballo
- T. 881 946 410
Horario:
- Mañás, de luns a venres de 9.00 a 14.30 horas
- Tardes, luns, mércores e xoves de 16.00 a 20.00 horas.
A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de Bergantiños (UDIAF) naceu no ano 2014 promovida e xestionada pola AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) e a Xunta de Galicia e grazas á cesión do local por parte do Concello de Carballo. O seu obxectivo é o de ofrecer unha asistencia integral, interdisciplinar e dende a proximidade aos nenos e nenas de cero a seis anos da comarca de Bergantiños que presenten discapacidades ou dificultades no seu desenvolvemento -con problemas motrices, de linguaxe ou de comportamento emocional e cognitivo ou en risco de padecelos- e tamén prestar apoio ás súas familias.
O centro está xestionado por unha psicóloga e coordinadora do servizo, unha psicomotricista e unha logopeda, ademais de persoal administrativo. O espazo conta cunha recepción, tres salas de atención, unha sala de xuntanzas, unha oficina, un almacén e aseos.