Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2024

Mércores 17 de abril do 2024

As prazas de campamentos específicos para persoas con discapacidade permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

As mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar:

Ofértanse 250 prazas nas seguinte instalacións:

  • Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña)
  • Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
  • Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense

As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

REQUISITOS

  • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
  • Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso  da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

Prezo xeral: 125 €. Descontos:

  • 50% para as persoas membros de familia que teñan o título de numerosa, membros de familias monoparentais e membros de familias acolledoras.
  • 25% para as persoas usuarias do Carné Xove.
Adxudicación
A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:
  • As persoas que non participaran en anos anteriores.
  • Residan habitualmente no domicilio familiar.
No caso de empate a adxudicación de prazas farase por orde de entrada da solicitude.

DocumentaciónNo caso de acollerse a algunha das condicións para obter desconto no prezo, terase que acompañar coa solicitude o documento acreditativo (copia do título de familia numerosa, do documento acreditativo da condición de familia monoparental, acollemento ou do carné xove en vigor, segundo proceda.
As persoas seleccionadas comunicarán no prazo máximo de 5 días hábiles, contados desde o seguinte ao da recepción da notificación, a aceptación ou renuncia á praza no modelo que se lles facilite para o efecto.

Lugar de presentación
As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle procedemento?codtram=PR004A, dirixíndoas á Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e indicando no asunto relacionado “CAMPAMENTOS DISCAPACIDADE 2024”.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común: 
Consellería de Política Social e Xuventude. 
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade. Avda Fernando de Casas Novas, 35
15781 Santiago de Compostela

Prazo de presentación
Do 17 ao 30 de abril de 2030 

Máis información
Teléfono Social gratuíto: 900 333 666
Para información sobre a xestión dos campamentos, envío de documentación, valoración de solicitudes e concesión de prazas:
  1. Teléfonos:  981 547 399  - 981544 640.
  2. Mail: programas.discapacidade@xunta.gal
  3. Servizo de Programas para a Discapacidade, da Dirección xeral de Persoas con Discapacidade

Compartir: