A corporación municipal debate o orzamento para o exercicio 2018
Luns 27 de novembro do 2017 20.30 horas - Salón de sesións
O asunto central da sesión ordinaria de novembro, que se celebra o luns 27, é o orzamento para o ano 2018, un dos máis altos da historia do Concello de Carballo, xa que acada os 26.754.882,34 euros. O cadro de persoal e unha moción do PP sobre o alumeado público serán outros temas de debate. A orde do día pode consultarse na convocatoria adxunta.