Alumnado do CEIP Canosa-Rus visita as dependencias municipais
Martes 7 de novembro do 2017 10 horas - Casa do Concello
Un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Canosa-Rus visita hoxe as dependencias da Casa do Concello de Carballo. O alumnado será recibido polo alcalde, Evencio Ferrero, co que manterá unha conversa no salón de sesións, e posteriormente fará un percorrido polas instalacións municipais, a Policía Local e a oficina de tramitación do DNI da Policía Nacional.