Inicio O Concello Axenda institucional Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

Luns 6 de novembro do 2017 13.30 horas - Casa do Concello

A Xunta de Goberno Local de Carballo celebra sesión ordinaria. Na orde do día figuran asuntos urbanísticos, a concesión de subvencións a entidades que traballan no eido dos servizos sociais, a aprobación da proba deportiva de campo a través e os expedientes de contratación correspondentes ás obras de instalación deportiva para skate-praza xunto á Biblioteca Rego da Balsa, rede de saneamento en Vilar de Cidre (Razo), reurbanización da rúa Sol e melloras das instalacións electromecánicas da ETAP e das EDAR de Carballo e Razo con cargo ao ciclo integral da auga.

Descargas

Compartir: