Inicio O Concello Axenda institucional A corporación municipal celebra o pleno...

A corporación municipal celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro

Luns 30 de outubro do 2017 20.30 horas - Casa do Concello

A corporación municipal iniciará o pleno de outubro, como é habitual, coa aprobación da declaración institucional do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Tamén se someterán a debate a modificación da ordenanza que regula a taxa do ciclo integral da auga, a adhesión á Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás e a incorporación dunha nova actuación ao Plan Único adicional. Ademais, todos os partidos da oposición presentaron mocións.

As persoas interesadas poden descargar máis abaixo a convocatoria da sesión, a declaración institucional e as mocións que serán obxecto de debate no pleno.

Descargas

Compartir: