Recepción á delegación de L Isle Jourdain que visita Carballo
Luns 23 de outubro do 2017 18.30 horas - Salón de plenos
Un grupo de veciños/as de L'Isle Jourdain participan durante esta semana nun intercambio con familias do noso concello. A expedición francesa chegará a Carballo ás 18 horas, e ás 18.30 será recibida polo alcalde, Evencio Ferrero, e outros membros da corporación no salón de plenos. A delegación francesa estará encabezada pola presidenta do comité de irmandamento e tres concelleiros/as.
Ao longo da semana os/as participantes no intercambio realizarán numerosas visitas culturais, tanto ás cidades da Coruña e Santiago como a diversas vilas da Costa da Morte. En Carballo terán a oportunidade de acudir ao mercado do xoves, realizar unha visita guiada polos murais de Derrubando Muros con Pintura ou asistir a un festival de teatro.
Este intercambio prodúcese nas datas previas á celebración do 23º aniversario do irmandamento entre Carballo e L'Isle Jourdain. O comité carballés conmemorarao do vindeiro 11 de novembro cunha cea-baile. O prazo de inscrición está aberto. Máis información no cartel adxunto.