A Xunta de Goberno Local aproba a licenza para a ampliación do IES Monte Neme
Luns 23 de outubro do 2017 13.30 horas - Casa do Concello
A Xunta de Goberno Local aprobará na sesión ordinaria do 22 de outubro seis licenzas de obras, entre elas a correspondente á ampliación e reforma do IES Monte Neme, que será obxecto dun importante investimento por parte da Xunta de Galicia.
Así mesmo, o goberno municipal aprobará os expedientes de contratación das obras de aglomerado de vías nas parroquias de Lema, Noicela, Rebordelos e Aldemunde; das redes de saneamento de A Redonda, A Igrexa, O Piñeiro e Outeiriños, todas elas na parroquia de Entrecruces, e do proxecto de reurbanización da contorna do CEIP A Cristina.
A adquisición dos primeiros terreos no Bosque para uso público é outra das propostas.
A covocatoria íntegra, no documento adxunto.