Sesión plenaria ordinaria do mes de abril
Luns 25 de abril do 2016 Casa do Concello - 20.30h
A Casa do Concello acolle a partir das 20.30 horas unha sesión plenaria ordinaria á que están convocados todos os integrantes da corporación. Entre os asuntos da orde do día destaca a aprobación dun Plan económico-financeiro que reducirá a cero a débeda do Concello con entidades financeiras e limitará os investimentos municipais. Máis información, clicando aquí.