A Xunta de Goberno Local adxudicará as obras de mellora de seis centros sociais en cinco parroquias
Luns 25 de setembro do 2017 13.30 horas - Casa do Concello
A Xunta de Goberno Local aprobará na súa sesión ordinaria do luns 25 de setembro o contrato administrativo para a redacción do Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións en Arnados (Razo) e a adxudicación das obras de reforma dos centros sociais de Artes, Rus, Entrecruces, Outón e Oza, así como da edificación dun almacén acaroado á escola unitaria de Sísamo.
O resto dos asuntos que integran a orde do día poden consultarse na convocatoria adxunta.