Inicio O Concello Axenda institucional Presentación da obra infantil...

Presentación da obra infantil “Muiñada”, a coprodución entre o FIOT e a compañía carballesa Galeatro

Xoves 14 de setembro do 2017 12 horas - Pazo da Cultura

A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), presentan a obra infantil “Muiñada”, unha das tres coproducións nas que o Festival participa nesta XXVI edición. Trátase da primeira montaxe de gran formato de Galeatro, a única compañía de teatro profesional de Carballo.
 
No acto participarán o presidente da AC Telón e Aparte e director do FIOT, Alberto Sueiro; o concelleiro de Cultura de Carballo, Marcos Trigo; o alcalde, Evencio Ferrero; os fundadores da compañía, Alba Bermúdez e Tone Martínez, e o director da obra, Davide González. 

Compartir: