Inicio O Concello Axenda institucional A concelleira de Sanidade inaugura a Semana...

A concelleira de Sanidade inaugura a Semana Mundial do Alzheimer

Do martes 19 de setembro ata o domingo 24 de setembro do 2017 20.15 horas - Local de Afaber

A concelleira e Sanidade e Terceira Idade, Carmen Regueira Baldomir, e o presidente de Afaber, Jesús M. Villar Antelo, inauguran a Semana Mundial do Alzheimer, organizada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños e que inclúe actividades en toda a comarca.

As actividades previstas en Carballo son as seguintes:

  • Martes 19, 20.30 horas: Charla sobre "Coidados no alzheimer", a cargo do médico especialista en medicina interna Javier Porteiro Sánchez.
  • Mércores 20, 20.15 horas: Presentacion do III Concurso Fotográfico sobre o Alzheimer.
  • Xoves 21, 20.15 horas: Proxección da película "Siempre Alice".
  • Venres 22, 07.00 horas: Saída da excursión ás Rías Altas.
  • Domingo 24, 12.30 horas: Misa na igrexa de San Xoán Bautista e acto de sensibilización "Recorda quen son".

O programa completo pode consultarse no cartel adxunto.

Compartir: