Inicio O Concello Axenda institucional Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

Luns 17 de xullo do 2017 13.30 horas - Casa do Concello

O Concello de Carballo colaborará coa Empresa Municipal de Augas da Coruña no deseño dunha Estratexia Urbana Sensible á Auga (DUSA). O protocolo de cooperación técnica entre ámbalas entidades será aprobado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do luns 17 de xullo.

Na mesma sesión serán aprobados outros convenios coa Fundación Luis Calvo Sanz, o Club Deportivo Os Muditos, a ADC Voleipraia Costa da Morte e a Escola Lubiáns de Hóckey para o desenvolvemento de actividades culturais e deportivas.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobará os contratos das obras de reparación dos viais secundarios das parroquias de Entrecruces e Aldemunde e das infraestruturas para aparacamentos do parque empresarial de Carballo.

A orde do día completa pode consultarse no documento anexo.

Descargas

Compartir: