Inicio O Concello Axenda institucional Sesión ordinaria do pleno da...

Sesión ordinaria do pleno da corporación

Mércores 28 de xuño do 2017 20.30 horas - Casa do Concello

O pleno ordinario de xuño pasa de luns a mércores para evitar a coincidencia coas Festas de San Xoán. Na orde do día, que se pode consultar no documento adxunto, figuran tres asuntos principais. Por unha banda, a resolución das alegacións presentadas ás modificacións propostas na Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Carballo. En segundo lugar, dúas propostas de bonificacións do 95% do ICIO para un total de cinco empresas, catro das cales se instalarán no polígono industrial de Bértoa. E, finalmente, unha moción do Partido Popular sobre o subministro de auga.

Descargas

Compartir: