A Xunta de Goberno Local inicia o proceso de contratación da redacción do plan especial da Pedra do Sal
Luns 5 de xuño do 2017 13.30 horas - Casa do Concello
A Xunta de Goberno Local aprobará na sesión ordinaria deste luns o inicio do expediente de contratación do servizo de redacción do plan especial de ordenación do núcleo rural de Pedra do Sal e protección do seu entorno, previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Na xuntanza tamén se abordarán outros asuntos que podedes consultar na convocatoria anexa.