Inicio O Concello Axenda institucional A Concelleira de Seguridade recolle na Estrada o...

A Concelleira de Seguridade recolle na Estrada o novo terminal da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia

Venres 15 de abril do 2016 AGASP - 10.00 h.

O Xefe da Policía Local de Carballo, Roberto Mosquera, acompañado do responsable de Protección Civil de Carballo, José Manuel Souto Facal, e da Concelleira de Seguridade, Milagros Lantes, recollen na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada o novo terminal da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia. Primeiro celebrarase unha xornada formativa dirixida ao persoal que fará uso dos novos equipos, e ás 12.30 horas está previsto o acto de entrega oficial coa presenza do Vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.

Compartir: