Presentación do programa das Festas de San Xoán
Xoves 1 de xuño do 2017 18.30 horas - Pazo da Cultura
A Asociación Cultural San Xoán e o Concello de Carballo dan a coñecer o programa completo das Festa de San Xoán, que este ano estenderanse ao longo de todo o mes de xuño, con actividades todas as fins de semana, e tamén á primeira fin de semana de xullo, no que se celebrarán o Rockin' e a Festa do Bosque.
No acto de presentación, que se celebrará na planta baixa do Pazo da Cultura, intervirán a concelleira de Festas, Mar Eirís; a presidenta da Asociación Cultural San Xoán, María José Souto Cristóbal, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Xunto co programa darase a coñecer a imaxe das festas deste ano e farase entrega do premio á gañadora do concurso do cartel anunciador, Ana María Varela López, do municipio de Cambre.