Presentación das actividades do Proxecto Apego
Xoves 14 de abril do 2016 Casa do Concello - 13.00h
A Casa do Concello acolle a partir das 13.00 horas a presentación en rolda de prensa das citas do proxecto Apego, pola socialización en galego da infancia, para esta primavera. A cita contará coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e da Concelleira de Normalización Lingüística, Inés Rodríguez.
Apego é o proxecto de dinamización lingüística desde a primeira infancia desenvolvido cooperativamente por doce concellos, a través dos seus servizos de normalización lingüística, que se puxo en marcha en maio de 2015.
A través deste proxecto, e para implicar as familias na valoración positiva da lingua galega, facilítanselles materiais, argumentos e recursos para axudar á crianza, e tamén actividades formativas, informativas e de dinamización. Deste xeito, presentaremos un programa de actividades para os meses de abril, maio e xuño de 2016 dirixidas ás familias.