Inicio O Concello Axenda institucional Sesión ordinaria da corporación...

Sesión ordinaria da corporación municipal

Luns 29 de maio do 2017 20.30 horas - Casa do Concello

O goberno municipal presentará no pleno ordinario de maio unha proposta de actualización das taxas do Conservatorio Profesional de Música, que se incrementarán un 5%. Aínda así, o CMUS de Carballo continuará sendo o máis barato de Galicia e seguirá supoñendo un déficit de case 250.000 euros.

No pleno ordinario de maio, que se celebrará o luns 29, a corporación tamén aprobará nove solicitudes de bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).

A actualización do inventario municipal de bens, unha moción do PP sobre a área metropolitana, os informes relativos a morosidade e execución orzamentaria e os rogos e preguntas completarán a orde do día, que pode consultarse no documento adxunto.

Descargas

Compartir: