A Xunta de Goberno Local adxudica as obras de reparación de vías nas parroquias de Lema e Rebordelos
Luns 8 de maio do 2017 13.30 horas - Casa do Concello
A Xunta de Goberno Local adxudicará na sesión ordinaria do 8 de maio as obras de reparación das vías secundarias nas parroquias de Lema e Rebordelos e o servizo de asesoría psicolóxica do Centro de Información á Muller (CIM). Así mesmo, iniciará os expedientes para contratar os servizos de formación en cociña e a redacción do plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo. A orde do día completa pode consultarse no documento anexo.