Presentación en rolda de prensa dos asuntos da sesión plenaria ordinaria de decembro
Venres 23 de decembro do 2016 Casa do Concello - 12.00h
A Casa do Concello acolle a partir das 12.00 horas a presentación en rolda de prensa dos asuntos da sesión plenaria ordinaria do mes de decembro que terá lugar o luns 26 a partir das 20.30 horas. A cita contará coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e da Concelleira de Mobilidade e Planificación Urbana, Milagros Lantes.