Sinatura de dous contratos de obras para a mellora de vías nas parroquias e no casco urbano
Xoves 24 de novembro do 2016 Casa do Concello - 10.30h
Casa do Concello
A Casa do Concello acolle a partir das 10.30 horas o acto de sinatura do contrato de obras de "Reparación de varias rúas no casco urbano de Carballo 2016" incluído no Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación provincial da Coruña para 2016; e do contrato de obras de "Reparación dos viais secundarios nas parroquias de Cances, Goiáns e Carballo". Nos dous casos a empresa adxudicataria resultou ser Lancer Proyectos y Obras SA. Está prevista a presenza na cita de representantes da empresa e do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.