Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local
Luns 7 de novembro do 2016 Casa do Concello - 13.30h
Os membros da corporación Belén Lendoiro Esmorís, Milagros Lantes Seara, Xosé Regueira Varela, Luis María Lamas Álvarez, María Carmen Ures García e María Mar Eirís Villar celebran na Sala de Sesións de Comisións da Casa Consistorial do Concello de Carballo unha nova sesión da Xunta de Goberno Local.
Entre os asuntos da orde do día, destaca a adxudicación de varios contratos de obras para reparación de vías no casco urbano e nas parroquias de Cances, Goiáns e Carballo.