Sesión plenaria ordinaria do mes de outubro
Luns 31 de outubro do 2016 Casa do Concello - 20.30h
A Casa do Concello acolle a partir das 20.30 horas unha sesión plenaria ordinaria á que están convocados todos os integrantes da corporación. Un dos principais asuntos da orde do día é a aprobación inicial da Ordenanza reguladora da Administración electrónica municipal do Concello de Carballo.