Entrega de premio e presentación dos datos da campaña Plan Verán de Ecovidro en Carballo
Venres 28 de outubro do 2016 Casa do Concello - 12.30 h.
Presentación do Plan Verán en Razo
A Casa do Concello acolle a partir das 12.30 horas o acto de entrega do premio do Plan Verán 2016 que recaeu nun establecemento hostaleiro carballés, a Cervexaría Troula que conseguiu máis de 10.000 puntos. Trátase dun dos cinco establecementos de todo o estado español que conseguiu este premio. Tamén se presentarán resultados do incremento da reciclaxe experimentado en Carballo con motivo desta campaña de verán. Está prevista a presenza no acto de representantes de Ecovidro, así como do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e do Concelleiro de Servizos, Luís Lamas.