Inicio O Concello Axenda institucional Reunión da Xunta Local de Seguridade do...

Reunión da Xunta Local de Seguridade do Concello de Carballo

Martes 18 de outubro do 2016 Casa do Concello - 10.30 h.

Casa do Concello

A Casa do Concello acolle a partir das 10.30 horas unha reunión da Xunta Local de Seguridade na que se realizará unha valoración da situación da seguridade cidadá no Concello de Carballo. Está prevista a presenza na cita de Jorge Atán Castro, Subdelegado do Goberno na Coruña; Evencio Ferrero Rodríguez, Alcalde de Carballo; Milagros Lantes Seara, Concelleira delegada de área; Lois María Lamas Álvarez, Concelleiro do grupo municipal do BNG; Belén Insua Trigo, Concelleira do grupo político municipal do PP; Roberto Mosquera Martínez, Xefe da Policía Local do Concello de Carballo; Francisco Javier Souto Facal, responsable de Protección Civil de Carballo; Francisco Javier Jambrina Rodríguez, Coronel da Comandancia da Garda Civil de Carballo; Anxo Sangiao Paseiro, Xefe do posto principal da Garda Civil de Carballo; Antonio Nieto Lamas, Inspector da Unidade Adscrita da Policía Autonómica; e Eva Vázquez Castelo, Vicesecretaria da Delegación do Goberno en Galicia. Tamén están convidados representantes dos grupos municipais de TEGA e PSOE.

Compartir: