Inicio O Concello Axenda institucional Presentación da preestrea de...

Presentación da preestrea de "Iván off"

Mércores 5 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 13.30 h.

Pazo da Cultura

No marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), o innovador espazo escénico La Casa de la Portera presenta ás 13.30 h no Pazo da Cultura de Carballo a preestrea en toda España do seu espectáculo “Iván Off”, unha adaptación da obra "Ivanov" de Antón Chejov.
 
Será a primeira vez que esta obra se interpreta en grande escenario, xa que ata agora só se representou en formato de proximidade cun éxito rotundo. O director José Martret e o creador do espazo escénico, Alberto Puraenvidia, serán os encargados de explicar aos medios de comunicación esta nova versión, na que actúan, entre outros, Raúl Tejón, Cristina Alarcón e Germán Torres, Premio da Unión de Actores como Mellor Actor Secundario. Á rolda tamén asistirá o presidente da Asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro.

Compartir: