Rolda de prensa para presentar a ruta de pinchos "Dálle un bocado ao FIOT"
Xoves 29 de setembro do 2016 Casa do Concello - 13.30h
A Casa do Concello acolle a partir das 13.30 horas a presentación en rolda de prensa da ruta de pinchos "Dálle un bocado ao FIOT" que terá lugar durante o mes de outubro os días de función de sala do Festival Internacional Outono de Teatro en varios locais hostaleiros do centro carballés.
Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e do Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira.