Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local
Luns 29 de agosto do 2016 Casa do Concello - 13.00h
Os membros da corporación Belén Lendoiro Esmorís, Milagros Lantes Seara, Xosé Regueira Varela, Luis María Lamas Álvarez, María Carmen Ures García e María Mar Eirís Villar celebran na Sala de Sesións de Comisións da Casa Consistorial do Concello de Carballo unha nova sesión da Xunta de Goberno Local.
Entre os asuntos da orde do día, destaca a adxudicación, a proposta da mesa de contratación, dos servizos de limpeza viaria e de praias do Concello de Carballo.