Visita institucional de Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña
Martes 26 de xullo do 2016 Casa do Concello - 11.00 h.
Casa do Concello
O Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realiza unha visita institucional a Carballo a partir das 11.00 horas. O horario de actos previsto é o seguinte:
11.00 h. Chegada á Casa do Concello e posterior recepción institucional por parte do Alcalde, Evencio Ferrero, e membros da corporación.
11.30 h. Visita ao Fórum Carballo e encontro cos medios de comunicación.
12.15 h. Visita ás instalacións do Grupo Calvo na Revolta.