Inicio Carballo ao día Axenda A Concellaría de Innovación...

A Concellaría de Innovación organiza un curso de impresión 3D

Do martes 5 de novembro ata o martes 26 de novembro do 2024 18.30 a 20.30 horas - Aula CeMIT

A Concellaría de Innovación ten en marcha un amplo programa de dinamización da aula de informática (Aula CeMIT) que arrincou o mes pasado coa escola de informática para maiores de 60 anos, unha actividade na que participarán ata finais de maio corenta veciños e veciñas do noso concello.

Pero ademais desta iniciativa, que abrangue un curso escolar completo, nos vindeiros meses levaranse a cabo moitas outras dirixidas a diferentes colectivos: persoas desempregadas ou en mellora de emprego, empresarios e comerciantes, infancia, mocidade e persoas adultas. A máis inmediata será un curso de impresión 3D para maiores de 12 anos que se desenvolverá ao longo do mes de novembro. As sesións, impartidas por Jorge Cebey, celebraranse todos os martes (días 5, 12, 19 e 26) en horario de 18.30 a 20.30.

A inscrición é de balde e pode realizarse a partir deste luns 21 de outubro (de 10.00 a 13.00 horas) no 2º andar do Fórum Carballo. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude.

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
29
30