Inicio O Concello Axenda institucional Presentación do XII Curso de verán...

Presentación do XII Curso de verán de dinamización lingüística 2016 #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico

Xoves 30 de xuño do 2016 Casa do Concello - 11.30 h.

#traballandoenlingua

O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua chega neste 2016 á súa duodécima edición. Un encontro anual estabilizado en que nos once anos anteriores se fixeron análises, debates, reflexións e propostas prácticas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc.

A Casa do Concello acolle a partir das 11.30 horas a presentación desta cita que abordará os días 6 e 7 de xullo de 2016 no Fórum Carballo o uso e o prestixio do galego no ámbito socioeconómico. Está prevista a presenza na rolda de prensa do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do reitor da UDC, Julio Abalde; da Concelleira de Normalización Lingüística de Carballo, Inés Rodríguez; e de Nel Vidal, coordinador do curso.

Compartir: