Inicio O Concello Axenda institucional Izado das bandeiras azuis nas praias de Pedra do...

Izado das bandeiras azuis nas praias de Pedra do Sal, Baldaio-Saíñas e Razo

Sábado 1 de xullo do 2023 12.00 horas - Pedra do Sal

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Medio Ambiente e Praias, Miguel Vales; o xefe do Servizo Municipal de Protección Civil, Javier Souto, e membros do equipo de salvamento acuático que presta servizo nas praias do concello participan este sábado no izado das tres bandeiras azuis concedidas pola Fundación Adeac ao Concello de Carballo en recoñecemento pola calidade na prestación de servizos nos areais. 

A primeira bandeira izarase ás 12.00 horas na Pedra do Sal, e seguido realizarase o mesmo trámite nas praias de Baldaio-Saíñas e Razo. Tamén se procederá á colocación do distintivo do Sendeiro Azul de Razo a Baldaio.

Compartir: