Inicio O Concello Axenda institucional Sesión constitutiva da corporación...

Sesión constitutiva da corporación municipal

Sábado 17 de xuño do 2023 12.00 horas - Casa do Concello

O salón de plenos do Concello de Carballo acolle a sesión pública na que se procederá á constitución da corporación municipal tras as eleccións celebradas o 28 de maio, coa seguinte orde do día:

  1. Constitución da mesa de idade.
  2. Toma de posesión dos/as concelleiros/as
  3. Elección do alcalde e toma de posesión
A nova corporación estará integrada por 21 concelleiros e concelleiras dos tres partidos políticos que obtiveron representación: BNG, 13; PP, 6, e PSOE, 2.

Descargas

Compartir: