Sesión extraordinaria de pleno para realizar o sorteo das mesas electorais
Martes 2 de maio do 2023 14.00 horas - Casa do concello
Conforme ó ordenado pola Alcaldía, por resolución número 1115/2023 de 26 de abril, e de acordo co previsto no art. 3.2 a) do R.D. 128/2018, como membro do seguinte órgano colexiado deste Concello, convócase sesión extraordinaria do pleno, que terá lugar no salón de plenos do Concello de Carballo o día 02 de maio de 2023 ás 14:00 horas, en primeira convocatoria.
Punto único: sorteo para a selección dos compoñentes das mesas electorais para as eleccións locais que se celebrarán o dia 28 de maio de 2023, convocadas por Real Decreto 207/2023, de 3 de abril, BOE n.º 80 de 4 de abril de 2023.