Clausura do obradoiro dual de emprego "Carballo Coida"
Venres 22 de xullo do 2022 13.30 horas - Fórum Carballo
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a directora xeral de Formación da Xunta, Zeltia Lado, asisten á clausura do Obradoiro dual de emprego "Carballo Coida", de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. No acto participará tamén o concelleiro de Formación, Innovación e Emprego, Iván Andrade.