Presentación do programa das Festas de San Xoán 2022
Sábado 11 de xuño do 2022 12.00 horas - Mercado Municipal
O presidente da comisión de festas, Sergio Varela; a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentan o sábado 11 o programa das Festas de San Xoán, que celebrarán a súa semana grande do 21 ao 26 de xuño. No acto tamén se fará entrega do premio á gañadora do concurso do cartel anunciador das festas patronais, Nerea Vilariño Cabeza, carballesa de 20 anos que está rematando os seus estudos de Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña. O galardón está patrocinado un ano máis por Opticalia Enríquez.
Este ano a presentación do cartel e do programa completo do San Xoán, do que polo momento só se desvelou o concerto que ofrecerán as Tanxugueiras o día 24, terá lugar no Mercado Municipal, na sala exterior habilitada para este tipo de eventos, á que se accede directamente dende a rúa Cervantes.