Evencio Ferrero recibe á campioa de España de halterofilia sub-17 Ruth Fuentefría Sánchez
Venres 29 de outubro do 2021 12.00 horas - Alcaldía
Despois de acadar as tres medallas de bronce da súa categoría no Campionato de Europa de Halterofilia sub-17, disputado en agosto en Polonia, e de proclamarse subcampioa do mundo na súa categoría en Arabia Saudí, a carballesa Ruth Fuentefría Sánchez subiu a pasada fin de semana ao máis alto do podio, como campioa de España. Polos seus logros deportivos, a moza carballesa será recibida polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.