Recepción na Casa do Concello dos nadadores e nadadoras da AD Fogar Máster
Venres 10 de xuño do 2016 Casa do Concello - 12.00h
Parte do equipo que se proclamou campión
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, reciben na Casa do Concello aos integrantes do equipo AD Fogar Máster de natación para transmitirlles os seus parabéns por gañar por terceira vez a Liga Galega Máster. O equipo comezou a tempada liderando a clasificación e a rematou en Carballo do mesmo xeito na piscina da zona Bergantiños, cando superaron ao Travesas de Vigo.