Sesión ordinaria do pleno da corporación sen público
Luns 26 de xullo do 2021 20.30 horas - Casa do Concello
A corporación municipal de Carballo aprobará no pleno ordinario de xullo os festivos locais para o ano 2022, que serán o 1 de marzo, Martes de Entroido, e o 25 de xuño, xa que o 24, día de San Xoán, é festivo autonómico.
Debido á preocupante situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, xa que o noso concello acadou hoxe os 193 casos activos, non se permitirá o acceso de público ao salón de plenos.
A extensa orde do dia da sesión pode descargarse máis abaixo.