Concentración de condena ao asasinato de Samuel Luiz
Luns 5 de xullo do 2021 20:00 horas - Praza do Concello
O Concello de Carballo súmase á convocatoria realizada pola organización Avante LGBT+ para condenar o asasinato de Samuel Luiz na Coruña e para que se esclarezan as causas da agresión mortal ao mozo de 24 anos. O luns 5 de xullo, ás 20:00 horas, levarase a cabo unha concentración aberta a toda a cidadanía na Praza do Concello.
Dende o Concello de Carballo manifestamos unha vez máis a nosa repulsa a calquera tipo de violencia.