Recepción aos deportistas do SYSCA que participaron nos Campionatos de España de inverno
Mércores 10 de marzo do 2021 19.00 horas - Casa do Concello
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, ofrecen unha recepción aos deportistas do Club SYSCA que veñen de participar nos campionatos de España de inverno: Gabriel Rodríguez Colferai, Pablo Angeriz Bello, Adrián Martínez Cotelo, Ricardo e Joaquín Mouro Periscal competiron en Elche nas categorías xuvenil, júnior e absoluta, mentres que Raquel Suárez, Sara Puñal e Samuel Baldomir participaron en febreiro en Valladolid na competición infantil e cadete.