Xuntanza da comisión de seguimento da COVID-19
Xoves 29 de xullo do 2021 10.30 horas - Casa do Concello
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, convocou aos integrantes da comisión de seguimento da COVID-19 co obxectivo de valorar a situación sanitaria actual e o cumprimento das restricións vixentes, a fin de revisar, de ser o caso, os protocolos de actuación por parte dos servizos de seguridade e emerxencias que forman parte da comisión, así coma dos distintos servizos municipais.