A corporación municipal celebra a última sesión plenaria do ano
Luns 28 de decembro do 2020 20.30 horas - Sesión telemática
A corporación municipal de Carballo celebra o 28 de decembro a última sesión plenaria do ano, coa seguinte orde do día:
1.- Acta da sesión anterior (30/11/2020). Aprobación.
2.- Modificación puntual número 5 do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Aprobación inicial (CIPUM de 21/12/2020).
3.- Bonificación ICIO, acondicionamento nave para ser destinada a taller de reparación de vehículos e exposición e venda de vehículos na rúa do Cobre, parcela H-14, Polígono Industrial de Bértoa. Aprobación (CIFECRIC de 21/12/2020).
4.- Bonificación ICIO, construción de nave industrial para venda e reparación automóbiles na rúa do Cobre, parcela H-5, Polígono Industrial de Bértoa. Aprobación. (CIFECRIC de 21/12/2020).
5.- Conta Xeral do concello de Carballo do 2019. Aprobación. (CIFECRIC de 09/11/2020)
6.- Seguimento de órganos de goberno:
- 6.1.- Informe da Intervención Municipal emitido en cumprimento do disposto no artigo 218 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Exercicio 2019. Toma de coñecemento.
- 6.2.- Resolucións da Alcaldía.
- 6.3.- Acordos da Xunta de Goberno Local
- 6.4.- Rogos e preguntas