Inicio O Concello Axenda institucional Acto institucional en solidariedade coas mulleres...

Acto institucional en solidariedade coas mulleres vítimas de violencia de xénero

Martes 24 de novembro do 2020 12:00 horas - Praza do Concello

O Concello de Carballo súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres gardando un minuto de silencio por todas as vítimas da violencia de xénero. No actual contexto de crise sanitaria, e para evitar grandes concentracións, este ano realizarase un acto institucional ás portas da Casa do Concello coa participación de membros da corporación e persoal municipal, xa que consideramos que non debemos deixar de contribuír á visibilización do compromiso e o apoio de todas as institucións e da sociedade no seu conxunto ás vítimas da violencia machista.

Compartir: