O Concello ilumínase de cor rosa no Día Mundial contra o Cancro de Mama
Luns 19 de outubro do 2020 20.00 horas - Praza do Concello
A Casa do Concello de Carballo iluminarase de rosa no Día Mundial contra o Cancro de Mama en solidariedade por todas as persoas que sofren a enfermidade e co labor incansable que desenvolve a Xunta Local da AECC de Carballo, da que partiu a iniciativa. O acto, que contará coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero, e outros membros da corporación, está aberto a toda a cidadanía.