Inauguración da escultura "Mágoa", de Fabián Lage, en lembranza das vítimas da COVID-19
Mércores 29 de xullo do 2020 13.30 horas - Fórum Carballo
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, inaugurará o mércores 29 de xullo, xunto con representantes da corporación e de toda a veciñanza que queira achegarse, a escultura "Mágoa", unha obra realizada polo artista carballés Fabián Lage con restos do ciprés centenario derrubado por un temporal na Praza do Concello, e cuxa madeira ten cobrado vida de novo xa a través doutras pezas artísticas.
Nesta ocasión, Fabián Lage rende homenaxe ás vítimas da COVID-19 e, ao mesmo tempo, a todas as vítimas do capitalismo salvaxe, a través dunha proposta artística que trata de provocar a reflexión da sociedade cara unha actitude de cambio.