Recepción ao alumnado do IES Parga Pondal gañador do certame Wisibilízalas
Venres 10 de xullo do 2020 13.30 horas - Casa do Concello
O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Educación, Mar Eirís, ofrecen unha recepción ao alumnado de TICs de 2º de Bacharelato do IES Parga Pondal e á súa profesora, Leticia Riestra, que veñen de acadar o 1º premio na categoría de impacto nas redes sociais no certame Wisibilízalas, un proxecto fundado por Ana Freire, profesora da Universidade Pompeu Fabra, para loitar contra os estereotipos de xénero asociados ás carreiras cientítificas e tecnolóxicas, e no que participan centros de ensino de España e Latinoamérica.